O Concello convoca axudas económicas para apoiar ás familias con fillos/as matriculados/as en Educación Infantil (0-3 e 3-6 anos) en centros sostidos con fondos públicos ou escolas infantís autorizadas de Vilagarcía de Arousa.
Obxecto da axuda:
Contribuír ao financiamento dos gastos da escolarización non obrigatoria en Educación Infantil.
Beneficiarios/as:
-
Familias empadroadas e con residencia efectiva en Vilagarcía.
-
Con nenos/as matriculados en 1ª ou 2ª etapa de Educación Infantil no curso 2025/26.
-
Que non superen os límites de ingresos establecidos segundo o número de membros da unidade familiar.
-
Que presenten a documentación requirida en prazo.
Límites de renda anual (ano 2024):
-
2 membros: 15.998,66 €
-
3 membros: 20.442,78 €
-
4 membros: 23.998,14 €
-
5 membros: 26.664,60 €
(aumenta progresivamente ata 8 membros: 31.997,77 €).
En familias monoparentais increméntase un membro máis no cálculo.
Contía da axuda:
-
70 € por alumno/a.
-
Compatibles con outras axudas, sempre que non superen o custo da escolarización.
Prazo e lugar de solicitude:
-
Do día seguinte á publicación no BOP de Pontevedra ata o 10 de outubro de 2025.
-
Presentación: sede electrónica do Concello sede.vilagarcia.gal, Rexistro Xeral municipal ou calquera dos medios previstos na lei.
Documentación principal:
-
Solicitude oficial (Anexo I).
-
DNI/NIE do solicitante.
-
Libro de familia ou equivalente.
-
Declaración de renda (autorización para consulta).
-
Xustificante de hipoteca ou alugueiro (se procede).
-
Certificado de conta bancaria.
-
Certificado de matrícula do/a neno/a (se non se autoriza a consulta).
-
No caso de familias monoparentais, documento acreditativo.
Resolución e pagamento:
-
As solicitudes valoraranse en réxime de concorrencia competitiva segundo a renda per cápita familiar.
-
O Concello notificará a resolución e efectuará o pago mediante transferencia bancaria.