O Concello do Grove abre o prazo para solicitar axudas destinadas a cubrir o custo do comedor escolar nos CEIP Valle Inclán, Rosalía de Castro e As Bizocas durante o curso 2025-26.
Obxectivo
Garantir que as familias en situación de precariedade económica poidan acceder ao servizo de comedor escolar.
Persoas beneficiarias
-
Familias con menores matriculados desde 2º ciclo de Infantil ata 6º de Primaria.
-
É requisito ter praza concedida no comedor dun dos centros indicados.
Orzamento
-
Mantense unha partida de 10.000 €, repartidos entre 2025 e 2026.
Requisitos económicos
-
Ingresos familiares iguais ou inferiores ao 75 % do IPREM (600 €/mes en 2025), incrementados segundo número de membros.
-
Se os ingresos son moi baixos: o Concello asumirá o 100 % do custo do comedor.
-
Se superan lixeiramente ese límite: asumirase o 50 % do custo.
-
O importe máximo da axuda será de 104,70 € ao mes durante 10 meses.
Obrigas das persoas beneficiarias
-
Estar ao corrente das obrigas tributarias.
-
Comunicar calquera cambio na asistencia ao comedor.
Documentación necesaria
-
Solicitude oficial.
-
Volante de empadroamento familiar.
-
Declaración da Renda 2024 ou xustificantes de ingresos.
-
Xustificante de inscrición no comedor escolar.
(Se xa se solicitou a axuda municipal para libros/material escolar, só é necesario achegar a solicitude e o xustificante de inscrición no comedor).
Prazo de solicitude
-
10 días hábiles desde o seguinte á publicación do extracto das bases no BOPPO.