Programa “+Xuntas” 2026: formación e apoderamento das mulleres na provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra pon en marcha unha nova edición do programa “+Xuntas” 2026, unha iniciativa centrada na formación, o apoderamento e a creación de redes de apoio entre as mulleres da provincia, co obxectivo de avanzar cara a unha igualdade real e efectiva.

O programa ofrece un catálogo de accións formativas gratuítas que as entidades participantes poden solicitar para desenvolver nos seus propios locais. Estas accións están orientadas a mellorar as condicións de vida das mulleres, reforzar a súa autonomía persoal, fomentar a participación activa, a sororidade e combater o illamento, especialmente no ámbito rural.

Entidades destinatarias

O programa está dirixido a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra, ou con delegación nela, que teñan como finalidade a promoción das mulleres e da igualdade de oportunidades.

Características das accións formativas

  • Duración: 35 horas por acción formativa

  • Participantes: entre 20 e 25 prazas, cun mínimo de 12 persoas

  • Preferencia para mulleres (ata un 25 % das prazas poden ser ocupadas por homes)

  • Inclúen obrigatoriamente un módulo de 5 horas en igualdade de xénero e prevención da violencia machista

  • Desenvolveranse ao longo do ano 2026

A formación será impartida por unha empresa especializada, encargada da execución, coordinación e avaliación do programa.

Réxime de concesión

As accións formativas concederanse en réxime de concorrencia non competitiva, por orde de entrada das solicitudes e ata o esgotamento do crédito dispoñible, con prioridade para as entidades de mulleres.

Prazo e presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse de forma electrónica a través da Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, no prazo dun mes desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP.

Orzamento

O programa conta cun orzamento total de 339.682,53 € e prevé a realización inicial de 207 accións formativas, ampliables se existe dispoñibilidade orzamentaria.

Como podo solicitalo?

Se estás interesado neste programa, ponte en contacto connosco no seguinte formulario.

← Back

A túa mensaxe enviouse